APESAR DE TER CONCEDIDA ENTREVISTA PARA O 30 DE XULLO
ESCULCA.GAL.- Despois de se facer público que o director do cárcere de Teixeiro, José Ángel Vázquez Yañez, recorrendo a diversas estratexias evita desde hai dous meses dar resposta á solicitude de entrevista presentada por EsCULcA, agora é Teresa Delgado, Directora do cárcere da Lama, quen rectifica a súa decisión anterior de recibir representantes do observatorio cancela a entrevista en que pretendíamos tratar problemas relacionados con algunhas persoas presas e as condicións do penal. A data marcada polo propio centro penitenciario para o encontro solicitado por EsCULcA era o 30 de xullo ás 17:00 horas, mais na pasada semana -ignoramos se por causa da actitude do seu homólogo do C.P. de Teixeiro ou por decisión independente- a directora resolveu cancelar a entrevista alegando ‘non poder’ recibir representantes dunha asociación como a nosa que non ten relación de parentesco ou profesional coas persoas por que mostramos interese. Ese ‘non poder’ alegado dista porén de resultar razón convincente unha vez que non existe normativa que prohiba este tipo de entrevistas e ser Teresa Delgado directora dun centro da administración pública, por definición ao servizo da cidadanía.